top of page

Acto de clausura

Os alumnos de 2º de ESO encargáronse de organizar toda a cerimonia de clausura de Airiños Aires. 

Tras ser acreditados como organizadores, acordaron levar  a cabo un "tempo call" (a nosa versión do photo call) para amenizar a visita á exposición. 

Foi todo un éxito!! Todo o alumnado de Educación Primaria e da ESO posou  cos accesorios que os seus compañeiros de 2º ESO prepararan con moito agarimo. 

Como agasallo final, unha pegatina ben bonita co noso logo.

Mil grazas rapaces!! Nunca un cerimonia estivera tan ben organizada!! Un traballo excelente!!

Vídeo da cerimonia de clausura
bottom of page