O incendio perfecto

Os días 15 e 16 de outubro de 2017 en Valadares, ao igual que no resto de Vigo, vivimos moi de cerca os incendios, a desvastación que conlevan e as perdas que, a todos os niveis, supuxeron.
O temporal Ophelia estaba de visita, e axudou a que o lume non fora un lume calqueira, foi... O incendio perfecto.
Así no lo explican nesta actividade os alumnos de 4º de ESO.
O cambio climático agrava as consecuencias e aumenta o risco de incendios forestais.
Despois da nova “oleada” de incendios vividos no pasado ano tocaba estudar as causas, e sobre todo as consecuencias e os efectos sobre os ecosistemas.
Entre os máis destacados e visibles (perda da paisaxe, desaparición de especies, destrucción de hábitats) hai que salientar o gran olvidado en ocasións, o solo forestal. O solo constitúe o soporte do ecosistema, proporciona os nutrintes, o espazo, a auga… e os incendios forestais provocan perdas importantes no solo:
-
Fórmanse superficies hidrofóbicas pola formación de substancias orgánicas repelentes á auga,
-
Aumenta a súa erosión e a perda de materia orgánica,
-
Eleva o ph, afectando á fertilidade do solo e os ciclos bioxeoquímicos.