O Climograma do Reino

Nesta actividade, os alumnos de 3º de ESO fixeron unha comparativa sobre o tempo no mes de xaneiro de 2019 co dese mesmo mes hai 10 anos a partir da páxina de Meteogalicia.
O lugar? Pois por grupos, analizaron cada unha das cidades que antigamente eran as capitais das 7 provincias de Galicia, é dicir, Tui, Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo e Ourense. E de paso Vigo tamén!
Este é o resultado.
Nalgúns casos a estación meteorolóxica non posuía datos dende o 2009, polo que tivemos que collelos do ano máis antigo que tiña.
A modo de conclusión, dicir que a primeira quincena no 2019 foi máis seca que hai 10 anos. E si, poidemos comprobar que as escalas de 5 en 5 na temperatura e 10 en 10 nas precipitacións as teñen un pouco olvidadas.
A repasalas!!