top of page

A todo ghas

A TODO GHAS.png
Captura de pantalla 2019-06-18 a las 21.

Para esta actividade, e coa axuda do profesor de matemáticas, os alumnos de 2º de ESO calculamos cal é a diferenza de velocidade entre un globo de radiosondaxe e o Lamborghini Huracán. Como na nosa visita a AEMET na Coruña nos dixeron que o globo ascendía a 5 metros/segundo, decidimos ter esa velocidade de referencia. 

Aplicamos a seguinte fórmula: 

 

Deste xeito, calculamos que os 5 metros/segundo equivalen a 18 km/h. 

O Lamborghini Huracán ten unha velocidade máxima de 325 km/h, e unha aceleración que lle permite acadar os 100 km/h en 3,2 segundos.

En conclusión, o Lamborghini Huracán é moitísimo máis rápido que o globo, ata o punto de que se o globo e o deportivo se desprazan a máxima velocidade o coche é... 18 veces máis veloz!!

 

E para que nos fagamos unha idea cun exemplo real. Sendo 90 kilómetros a distancia entre Vigo e Santiago, o globo tardaría 5 horas en recorrela a velocidade constante de 18 km/h. Nesas 5 horas, o coche á súa máxima velocidade (325 km/h) tería recorridos 1.625 kilómetros, a mesma distancia entre Vigo e a cidade francesa de Cannes e só estaría a 49 kilómetros de Mónaco (imaxe superior).

         

Fonte da fórmula:    http://meteobasica.blogspot.com/2011/10/fomula-como-pasar-de-ms-kmh.html  

Fonte da velocidade do Lamborghini Huracán:    https://www.motor.es/lamborghini/huracan/huracan/lp-610-4-610cv-1231.html

formula_velocidad_ms_kh.gif
bottom of page