top of page

Meteo-obradoiro

meteo obradoiro.png

Durante o mes de maio de 2019, os nosos alumnos e alumnas de 4º EP realizaron medicións de temperaturas como o alumnado da ESO.

 

Así, de luns a venres e anotando sempre a hora,  tomaron nota da temperatura máxima, mínima e instantánea  interior e exterior. Cada día un alumno diferente escribiu o resultado baixo a atenta mirada dos nosos director e subdirectora, verdadeiros expertos no termómetro. O obxectivo? Comparar a temperatura recollida coa da caseta de meteoroloxía. 

5 días o noso termómetro deu graos a máis, e os outros 5 a menos! A diferenza, como se observa na imaxe do taboleiro, era de +/- 3 graos como máximo, salvo o día 16 que... a diferenza foi de 5! Ningún día coincidimos, se ben os días 20, 24 e 27 só tivemos unha diferenza dun grao coa caseta. 

En calquera caso, quedamos todos moi contentos, porque a actividade permitiunos comprobar a diferenza entre a exterior e  a interior, e como cambia a temperatura se en lugar da ventá orientación norte o situabamos na de orientación oeste. 

Todo un éxito!! 

Ben feito!!

bottom of page